13 de mar. de 2015

Poesía na rede

Se poetas galegos queres coñecer,
e uns poemiñas recitar
no blogue "son de poetas" has de premer
soa a música e ponte a cantar.
Son de Poetas é unha iniciativa do Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega do IES David Buján (Cambre). Neste blogue atoparedes numerosas poesías musicadas da nosa lingua e que están estruturadas por séculos.

Tamén vos queremos animar a que visitedes o novo proxecto do poeta galego Fran Alonso "Poética", de acceso libre e aberto. Tamén é accesible desde tabletas e teléfonos móbiles. Un novidoso modo de presentarnos a poesía, xa que ademais acompáñase de vídeos e sons relacionados coa obra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...