05/03/2015

Entrega de premios "Nós tamén creamos!"

O vindeiro venres 6 de marzo, os alumnos de 2º e 3º de Educación Primaria, asistirán ao acto de entrega de premios do concurso de curtametraxes,  NÓS TAMÉN CREAMOS! 2013-2014. O evento terá lugar na Casa Museo de Rosalía en Padrón. 
Recollerán  o primerio premio da categoía de 1º ciclo de Educación Primaria, pola curtatametraxe "Non quero ser un polbo"
Para poder ver a curtametraxe picade aquí enriba!

CEIP Canosa Rus "Non quero ser un polbo"

Tamén podemos escoitar a continuación o poema de Rosalía de Castro, "Adiós ríos, adiós fontes", en homenaxe a esta autora, xa que despois da entrega de premios e  por cortesía do Patronato da Fundación Rosalía de Castro  farannos unha visita guiada á casa da poetisa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...