29 de abr. de 2019

VISITA DE ADCOR

Dentro do noso PDI estamos a traballar e a estudar aquelas persoas que investigan a prol do medio ambiente. Os usuarios de ADCOR explícaronlle os nenos de 5º e 6º como reutilizan unha loa publicitaria e a utilizan para facer outros productos. Grazas.


19 de abr. de 2019

SEMANA DO LIBRO


ao leres irás voando nun paxaro de papel, na folliña dun poema que tiraches do andel, viaxe ao fondo das preguntas: o libro leva a contraria ao “así foi e así será” a toda a rutina diaria pois a lectura é rabuda, descrida e impertinente aprende a desaprender a mirar con outra lente a gozar co máis difícil turrar da porta até que abra entrar no descoñecido beber viño de palabras 
Marilar Aleixandre

Con este texto na nosa mente ollade as actividades que fixemos na semana do libro:
1. Os nenos de  segundo , cuarto e sexto fixeron audiocontos na radio. 
2. Intercambiamos as nosas lecturas preferidas co colexio Xesús San Luís Romero. Todos fixeron unhas recomendacións fantásticas.Os nenos de primeiro elaboraron códigos QR para mostrar os contos que máis lle gustaron e os de sexto recomendaron libros pola radio .
3. Estrenamos o recuncho escornacontos. No Espazo Feito con Xeito os maiores contaron o conto de Marie Curie e os nenos tiñan que relacionar o que lle contaban cun debuxo e levar o escornabot ata a imaxe correspondente. Para que resultara máis complicado elaboráronse obstáculos cientifícos feitos coa impresora 3D.
4. Os maiores tiveron un afillado ou afillada ao que lle ler un conto.

5. Celébramos a nosa semana coincidindo coa semana do libro de Carballo, que este ano leva de lema REVOLUCIÓN. Algúns cursos puideron desfrutar das distintas actividades.
 









3 de abr. de 2019

BIBLIOTECA COMPARTIDA.-

        Hoxe  acudiron os nenos e nenas de 5º e 6º  do CPI XOSÉ PICHEL E CEIP AGUALADA para compartir unha xornada cos nosos maiores. Entre outras actividades  os nenos de 5º e 6º  representaron unhas obra de teatro, contaron relataros de Contos por teléfono , presentaron o espazo creativo... Que ben o pasamos!!










2 de abr. de 2019

Visita da cadela Malibú


Hoxe as nenas e nenos de 1º e 2º de EP tiveron unha visita moi especial na biblioteca. Estivo a cadela Malibú! Esta cadela veu con Adriana e xuntas ensináronnos a importancia de coidar moito aos animais, de non abandonalos, de querelos e mimalos moito, etc. A historia de Malibú ten un final final grazas ás boas persoas que a axudaron e a levaron á Casa Grande de Xanceda que é onde vive actalmente. Moitas grazas  a Adriana e a Malibú! Leoteca invítavos a volver cando queirades!


Dende aquí podedes acceder ao blogue de Mailú


1 de abr. de 2019

CHARO PITA NA BIBLIOTECA.

         A escritora Charo  Pita formou os nenos de cuarto de primaria en expresión oral. Mediante xogos de voz, poemas dos  escritores e escritoras galegos máis importantes... axudou aos nenos e nenas a adentrarse no mundo do teatro dunha forma máis amena.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...