19 de dec. de 2019

OBRADOIRO COAS REDEIRAS

 O alumnado dos cursos altos aprenderon o oficio das redeiras de Malpica participando nun obradoiro. Os tipos de pesca, o seu día a día, a problemática do furtivismo.... foron os puntos fortes da charla. Ata se introduciron no seu oficio e enfiaron a agulla das redeiras e intentaron arreglar algunha. Por último os nenos e nenas de cuarto fixeéronlle unha entrevista na radio.


VIDEO OBRADOIRO


 

18 de dec. de 2019

Un nadal mariñeiro

  Este ano o Nadal no  Canosa-Rus estivo cheo de cancións mariñeiras.  As familias axudaron na decoración da entrada do colexio.  Tamén se decoraron CDs con distintos materiais de refugallo, moitos deles levaban unha estrela feita coa impresora 3D.


12 de dec. de 2019

O SAL CONTÉN PLÁSTICOS.


Os nenos e nenas de 5º e sexto realizaron unha excursión o Castelo de San Antón e o Muncif. Neste último realizaron un obradoiro para detectar os plásticos que esconde o sal no mar. Ademais realizaron un xogo de pistas para detectar que utensilios levaban plástico. Todo unha aventura na que nos concenciaron da importancia de reducir a utilización de plástico

4 de dec. de 2019

UN MAR DE CIENCIA.

Este mes estivemos inmersos na investigación do fondo mariño. Aprendemos sobre a bioloxía do fondo do mar, as curiosidades dos animais mariños, sobre as algas... Tamén se traballou as OCEÁNICAS do mar. Non faltaron os experimentos ou o deseño de células creadas coa impresora 3D. E o máis importante a concienciación sobre o coidado do mar.

VÍDEO MES DA CIENCIA









3 de dec. de 2019

A VIDA DO MAR A TRAVÉS DA RADIO

Os nenos e nenas de quinto elaboraron diversos programas de radio para coñecer un pouquiño máis os naufraxios e as profesións do mar, con especial atención nas mariscadoras.

28 de nov. de 2019

A 6ª ONDA informa do día a día en Rus

Os nenos e nenas de 6º traen este ano información sobre "O día a día en Rus". Noticias da zona para que todos vos informedes e esteades ao tanto das novidades da nosa zona. Podedes consultar o blogue todas as semanas ou cada 15 días. Esta semana toca o Magosto en Coristanco.

NAIS E PAIS DE CONTO COA COEDUCACIÓN


Este mércores 27 continuamos cos contos educativos en "Nais e pais de conto" cunha historia moi especial , Xela volveuse vampira , para  1º e 2º de EP. Foi da man de Maica e Lucía. Moitísimas grazas pola vosa colabiración !


xela volveuse vampira (incluye dvd)-fina casalderrey-9788496893214

4º EP en CanosaOnda

Cinco nenas/os de 4º de EP recitaron unha poesía moi especial... escoitade, escoitade!

PDI: VISITA DE DEPORTISTAS DE MAR

O pasado martes 26 tivmos unha visita moi especial en Leoteca e en CanosaOnda para 3º, 4º, 5º e 6º de EP.  Viñeron dous nadadores: Raquel e Carmelo,  do club de natación de Arteixo. Ambos participan en travesías de mar e estivéronnos contando a súa experiencia, que smateriais  necesitan, etc. Tamén recordáronos a importancia de manter limpo o mar! Foi moi interesante! 


E cando remataron catro nenos/as de 3º A (Sara, Diego, Noelia e Xabi) fixéronlles, nun novo programa de CanosaXente, unha entrevista. A podedes escoitar a continuación.




Queremos darlles as gracias a Carmelo e Raquel pola súa visita e por compartir a súa experiencia con nós! Volvede pronto a Leoteca!

27 de nov. de 2019

NIN UNHA MÁIS!


O alumnado a través de cartas, de cancións, de colgantes realizados coa a impresora 3D .... demostraron a súa repulsa a violencia. Unha porta violeta cunha manchea de mensaxes que demostran o seu rechazo ao machismo quedará exposta nas portas que están ao lado da biblioteca. Os nenos e nenas  de segundo crearon un video titulado Un mar de paz.









25 de nov. de 2019

MENSAXE DE LEOTECA POLO 25N

O venres pasado recibimos esta mensaxe de Leoteca... estades moi atentas e atentos ao próximo luns!


SEMANA DO MAGOSTO E DAS CASTAÑAS!

A semana pasada foi unha semana chea de Magosto no noso cole! Leváronse a cabo diferentes actividades dende as aulas, a radio na biblio e todos xuntos. As actividades foron as seguintes:

  • Varias clases traballaron contos coa temática do outono e das castañas. Realizáronse diferentes actividades escritas relacionadas co mesmo: sopas de letras, xogos de palabras, etc.
  • 3ºB e 4º de EP grabaron  contos e ditos do Magosto en "CanosaOnda", os podedes escoitar a continuación.






  • O martes celebramos todos xuntos unha degustación de castañas. As castañas foron asadas polo persoal do centro e colaboraron as coidadoras do comedor. Queremos agradecer a implicación de todas estas persoas no Magosto do cole. GRAZAS!!!






22 de nov. de 2019

RESOLUCIÓN DO VI CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS 2018/2019

Leoteca está de noraboa! Vense de publicar a resolución do VI Concurso de Traballos por Proxectos coordinados dende a biblioteca escolar. Fomos premiados polo noso PDI conCIENCIAte, que levamos a cabo durante o curso pasado. Todo o noso alumnado foi o principal encargado de conseguir este premio, polo que hai que felicitarlles e animarlles a seguir traballando deste xeito no PDI AMAR O MAR e en futuros proxectos.
Tamén queremos agradecer a toda a comunidade educativa a súa implicación co PDI. Gracias a bibliotecas escolares por contar con nós sempre e por recoñecer a labor e o traballo do noso centro.
Gustaríanos felicitar aos demais centros gañadores neste concurso e a todos os centros que se animaron a participar.
Aquí tedes o enlace á Resolución se picades enriba:


NAIS E PAIS DE CONTO COEDUCATIV@S!



Este mércores en nais e pais de conto tivemos a visita de Patricia, a mamá de Carla de 4 anos. Veu a contarlle un conto coeducativo a Educación Infantil, Artur e Clementina. Estiveron moi atent@s a historia destas dúas tartarugas. Moitas grazas a Patricia! Animádevos a participar nos seguintes contacontos!

21 de nov. de 2019

OBRADOIRO CREATIVO CON PABLO OTERO.

 Os nenos e nenas de quinto e sexto desfrutaron dun obradoiro da man do artista Pablo Otero. Elaboraron con material de refugallo uns acuarios imaxinarios.

CLIC FOTOS OBRADOIRO CREATIVO




17 de nov. de 2019

Teatro Lido .


Xa podes escoitar aos pícaros e pícaros na radio Canosa Onda coas obras de teatro que levaron a Radio Voz.

14 de nov. de 2019

COMEZAN AS NAIS E PAIS DE CONTO EN LEOTECA!

Hoxe comezamos en Leoteca unha das actividades que levamos a cabo dende os últimos cursos con gran ilusión : "Nais e pais de conto". Esta actividade consiste en que as nais, pais ou familiares voluntarios que o desexen,  poden vir ao colexio durante á hora de ler a contarlle un conto a diferentes grupos co seu fillo/a . Este mes de novembro os contos estarán dedicados a coeducación , traballando a igualdade e a non violencia dende a abordaxe de diferentes historias. 
Hoxe comezamos por unha historia de superación e loita polos dereitos das nenas e das mulleres  na educación. Esta  historia é a de Malala , a pesroa máis xove da historia en recibir un Premio Nobel da Paz  pola sua traxectoria e gran labor como activista.
Queremos agradecer a primeira nai de conto, Ivana, e tamén a Aldara por contarnos esta historia a 3º e 4º de EP. Moitas grazas!


13 de nov. de 2019

MAN, UN HEROE DO MAR


   Estes días andamos recordando a Man, un heroe que morreu pola dor. NUNCA MÁIS.




Os nenos de quinto elaboraron un programa de radio.




Os nenos de infantil fixeron un obradoiro onde tiñan que limpar os peixes do chapapote. Os nenos e nenas de 1º e cuarto elaboraron uns debuxos. Todos leron o libro vida desta maravillosa persoa.


CLIC FOTOS DE INFANTIL, 1º E 4º.



12 de nov. de 2019

ESTAMOS DE NORABOA CO TEATRO LIDO !

Un ano máis as nenas e nenos do noso cole participaron no concurso "Xose Manuel Eirís" de Teatro Lido do concello de Carballo. Os sete grupos de EP ( de 1º a 6º ) foron a radio Voz durante o  mes de outubro para  gravar os fragmentos das súas obras. Acudiron como participantes 352 alumnos/as de 14 centros da comarca. Gustaríanos felicitar a todos eses nenos e nenas e aos seus centros pola súa ilusión e participación. 
Chegaron á final 7 grupos, 4 na categorías de EI e EP e 3 na categoría de secundaria. As nosas nenas e nenos de 1º de EP chegaron á final! Co grupo dos golfiños e coa obra "O peixe de ouro". Esta final celebrouse o pasado domingo 10 de novembro de 2019 no Pazo da cultura de Carballo e quedaron no terceiro posto, NORABOA !!!  Animamos a todo o alumnado a seguir participando neste concurso e en moitos outros que fomenten os valores,  a lectura e o teatro. As obras do noso cole tamén foron gravadas en CanosaOnda. Nos próximos días estarán subidos ao noso canal de radio estas gravacións. En Radio Voz emitiranse entre o día 11 e o 13 de novembro e entre o 18 e o 21 de novembro.
            Podedes ver a nova do xornal picando na seguinte imaxe.

Resultado de imaxes para imagen la voz de galiciaq




2 de nov. de 2019

AS MOCHILAS VIAXEIRAS TEÑEN UNHA NOVA MISIÓN!

Ola nenos e nenas!Son Leoteca!
Como xa saberedes, este curso as mochilas viaxeiras teñen unha nova misión grazas ao PDI “Amar o mar”. Na carpeta que levades tedes unha folla en branco para cada un para escribir unha receita sobre o mar. Podedes preguntarlle as vosas familias, elixir aquelas receitas que tanto vos gustan e que vos gustaría compartir cos vosos compañeiros/as. Despois dende o equipo de cociña elixirán un, dous ou os tres pratos para servir como menú especial de fin de mes e publicaremos aquí, no meu blogue , as recitas gañadoras.
Este mes de outubro os gañadores foron os seguintes:
1º prato. Aritz de 3º B coa sopa de peixe
2º prato: Diego B. De 4º EP co bacallau con pasas.
Mención especial: Golfiños do mar.


E este foi o resultado, estaba todo riquísimo! Moitas grazas as nosas cociñeiras por embarcarse con nós nesta nova aventura!


Gustaríanos dar as grazas tamén  a estes nenos e a todos os que xa participaron e animarvos a seguir así, e a valorar  a importancia do peixe  na nosa dieta !



   









QUEN DIXO MEDO?


Damos por finalizado a semana de medo na biblioteca. As exposicións de libros de terror, os contos que contaron os nenos e nenas a outros grupos, o deseño de pantasmas coa impresora 3D, exposicións de cabazas organizado pola ANPA, cabazas en realidade aumentada... foron as actividades que a nosa biblioteca decidiu facer para que fose un pouco máis terrorífica. Ah!! e de menú, no noso comedor escolar,  houbo un xantar moi especial elexido entre os menús das mochilas viaxeiras!
















E tivemos un postre moi especial!
















Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...