23 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021 : XELA ARIAS

  Este ano para celebrar as letras galegas elaboramos uns programas de radio.Se os escoitedes saberedes moito de Xela Arias.






Celebrouse a entrega dos prêmios do certame literario, elaboramos marcapáxinas e xogamos a xogos tradicionais e simulamos ser robots.










29 de abr. de 2021

Rap día do libro e Break out.

 Os nenos e nenas de terceiro prepararon un Rap para o día do libro co programa SCRACH JUNIOR e realizaron un Break out.  Pasárono  xenial. 








Rosa Aneiros e Andrés Meixide

 Cando dúas personas con talento se unen nace un libro como Xelís o guieiro das botellas de mar. Os nenos de sexto ao longo deste trimestre leron  e traballaron con este libro.  Unha obra que invitou a reflexionar sobre o coidado  do medio ambiente. Rosa, por videochamada, concienciounos sobre este tema. A axenda 2030; no seu obxetivo 13, fala da vida submarina, e con el vemos a responsabilidade de velar polo noso mar.   Andrés , pon debuxos elaborados con programas informáticos, as verbas de Rosa. Os nenos e nenas de sexto decoraron as súas botellas ESTRAFALARIAS e meteron mensaxes , escritas con pluma , nas botellas.












25 de abr. de 2021

Sempre hai que atopar ese libro. APADRIÑAMENTO LECTOR.

 Manifesto día do libro 2021 

Jesús Carrasco

Estas palabras están dirixidas a ti, que aínda estás a salvo da lectura. Que aínda non te atopaches a soas co teu primeiro libro inesquecible. Quería darche os parabéns.  Non é que me alegre de que a lectura non estea entre os teus hábitos. Non é iso. O único que pretendo é avisarte de que estás nun momento marabilloso: o que precede a ese primeiro encontro a soas co teu primeiro libro importante. Busca na túa memoria. Seguro que na túa vida houbo moitos deses momentos que anteceden ao gozo: xusto antes de darlle o primeiro bocado ao teu prato favorito, cando o aroma que sobe do prato faiche a boca auga; antes de ver a esa persoa á que tanto botas de menos; xusto antes de vivir con intensidade uno deses partidos históricos para o teu equipo. Ti, que aínda non sentiches como un libro róubache horas de soño; que aínda non che metiches na pel de  Madame  Bovary, que non seguiches o curso do río  Nilo ata as súas fontes. Que non viviches nas árbores, que non baixaches ao centro da Terra, que aínda pensas que Don Quixote estaba tolo. Envéxoche, e de aí o meu parabén, porque aínda tes tanto por descubrir. O que daría eu por estar na túa pel. Por volver ser aquel neno que se atopou un mediodía primaveral a soas co seu primeiro libro...







21 de mar. de 2021

DÍa da poesía.

Os nosos nenos recitan poemas no día da poesía.                                               



8 de mar. de 2021

28 de feb. de 2021

Día de ROSALÍA

Se hai unha muller que admire esa é ROSALÍA DE CASTRO. Todos os anos  o 24 de febreiro se conmemora a esta polifacética muller. Desde o Equipo de Dinamización da lingua, coa coloboración da biblioteca, realizáronse distintas actividades.

RECITADO DE POEMAS NA RADIO E NAS AULAS.



Creatividade nós seus retratos.



16 de feb. de 2021

Martes de Entroido

 Coincidindo co martes de carnaval subo algunas actividades que fixeron os nenos e nenas do colexio para celebrar o antroido.

Os distintos cursos investigaron sobre o Entroido típico de Galicia, escolleron un , e colocouse no recibidor do colexio. Os nenos e nenas de sexto gravaron unhas explicacións sobre esta festividades. Por último a Meca Antroidiña este ano non mandou mandatos para apoiar os heroes da pandemia.











12 de feb. de 2021

Neste Entroido, como todos os días, os nenos son os heroes da pandemia.

  Hoxe celebrouse o Entroido no colexio. Como todos os anos no Canosa non se podía deixar de festexar dalgún xeito. Dedicámoslle este vídeo a todas esas profesións especialmente difíciles  que están poñendo  todo e máis para saír deste complicado soño. Non quixemos olvidar a aquelas personas anónimas que tamén están aportando  o seu grao de area para saír desta pandemia. Por último, felicitar a cada un dos nenos e nenas do cole por ser os GRANDES HEROES . GRAZAS por facer que isto, aínda que difícil, vós o fagades inmensamente moito máis levadeiro. Cun millón de abrazos voadores cada persona que traballa no colexio desexámosvos  que pasedes un bo Entroido. 


Entroido




11 de feb. de 2021

A RADIO

  Din  que a radio é un medio de comunicación que nunca vai desaparecer. Neste tempo de pandemia  as palabras son indispensables. Para celebrar o día da radio este 11 de febreiro , os nenos e nenas de sexto reflexionaron sobre este tema e algúns nenos de distintos cursos  gravaron aos seus avós e avoas para coñocer cal era o se programa de radio favorito. Espero que disfrutedes escoitando  tanto como disfrutei  eu, Leoteca.

7 de feb. de 2021

Obradoiro radio na biblio

  Este ano temos poucas visitas polo maldito COVID pero a pesar de que son escasas son fantásticas. Esta semana acompañounos Sole. Os nenos de catro e cinco anos viaxaron a través dos contos , dos sons e das palabras ao mundo da radio.




Contos desde a casa.

Desde o seu fogar un neno de cuarto e unha nena de quinto contan dous fermosos relatos.
 ATRAPA MIRADAS  de MARINA NÚÑEZ. https://youtu.be/lyrMwMXR1OA

  

VIAXE O CENTRO DA TERRA de XULIO VERNE.   https://youtu.be/WTJ9rKRohC8


1 de feb. de 2021

Contos desde a casa emitidos na radio.

 

Mensaxes de PAZ

 Imaxinádesvos que un día nos chegara unha mensaxe de paz as nosas aulas nunha botella procedente do fondo mariño? Que bonitas quedaron as que fixestes no colexio. 



Botellas de paz


As veces din que as nenas e nenos non poden facer nada para conseguir a paz, pero isto é falso. Unhas nenas de sexto elaboraron e diseñaron un video contra o bullying.

NON AO BULLYING






17 de xan. de 2021

Contos desde a casa.

 Que viene el lobo de RAMADIER foi o conto que Lara de primeiro escolleu para contar no recuncho de Leoteca. GRAZAS.


https://youtu.be/mz_NSWebqPI




10 de xan. de 2021

CONTOS DESDE A CASA

 

La higuera de Pelostuertos de Ana G.ª Castellano & Mikel Mardones é o conto  que Martín escolliu para contar. Val a pena escoitalo.













3 de xan. de 2021

Contos desde a casa:Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis

 

Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis é o conto que Cris de cuarto nos conta para facernos a espera máis curta para esa noite máxica.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...