31 de mar. de 2020

AS VOSAS CREACIÓNS DENDE A CASA

Ola! Hoxe chegáronme novas creacións de dous compañeiros vosos, estou encantada con tanta creatividade!E vós... animádesvos? Saudos e moito ánimo de Leoteca!

Acuario de Antía  de 6º de EI



Creacións de Martín de 3º A




Moitísmas gracias por compartir a vosa creatividade con todos/as !

27 de mar. de 2020

CONTOS DA BIBLIO NO TEU ORDENADOR.


Que  triste está a nosa biblioteca sen vós!!! Os contos ándanse a pelexar por abrir as páxinas. Tanto é así que me deron permiso para teletransportalos o blogue. Aquí vai unha selección de contos e de libros de manualidade que podedes ler desde a casa. Poñede comentarios para saber cal vos gustou máis.


CONTOS MÁIS QUE DIVERTIDOS

TEATRO DENDE A BIBLIOTECA


 A nosa biblioteca está moi ligada o teatro. Son moitos mércores  despois do recreo se enfundan nunha personaxe e nos fan rir a gargalladas. Neste espazo , que leva por nome HOXE LENOS  os nenos e nenas representar obras internivel. Tamén desde a radio temos a sección teatro lido. Pincha é recorda algúns momentos no día do teatro:

TEATRO LIDO


CONTACONTOS NA REDE CON CHARO PITA!


Ola nenas e nenos, son Leoteca,como estades?
Hoxe temos a sorte de contar cun conto moi especial, contado por alguén moi especial,Charo Pita! Envioume este agasallo para poder compartilo con todos vós! É un conto, que tamén é xogo, que realizou para o Salón Virtual do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra para cativada de infantil e primaria e hoxe temos a sorte de poder desfrutalo no noso blogue. Gracias Charo!!!

OS ANIMAIS DO MAR por Charo Pita 


CONTACONTOS NA REDE: " DE TAL CUENTO, TAL ASTILLA"

Ola!
Aquí tedes dous novos contos en..."De tal cuento, tal astilla" ! A deixar voar a vosa imaxinación!

PEPITO PÉREZ por Erica González



FELIPE TIENE GRIPE por Erica Gonzéalez


25 de mar. de 2020

AS VOSAS PRIMEIRAS CREACIÓNS DENDE A CASA!

Ola a todas e todos!
Son Leoteca! Xa me chegaron estes días as vosas primeiras creacións dende a casa, encántanme! Como podedes ver hai dende animais mariños imaxinarios ata acuarios fantásticos!
Animádevos a crear o que queirades que teña que ver co mar e seguide enviándoo ao correo do cole , ceip.canosa.rus@edu.xunta.es, para que o poida poñer no meu blogue  ! Deixade voar a vosa imaxinación porque todo é posible se o soñamos!



DANI V. DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 


KALESI, DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL



ALEXIA, DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 



BRAIS, DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 



CARLA, DE 2º DE EDUCAIÓN PRIMARIA 



IAGO, DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 




ALDARA, DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 


MOITAS GRAZAS POR ESTAS OBRAS DE ARTE TAN BONITAS!!!!!!
ESTOU IMPACIENTE POR RECIBIR MÁIS! ATA PRONTO E ÁNIMO!!!

23 de mar. de 2020

CONTACONTOS NA REDE: "DE TAL CUENTO, TAL ASTILLA"

Ola!
Como vos prometín, vou colgar contos moi divertidos, aquí empezamos cun canal que se chama
"De tal cuento, tal astilla", con Erica González.


PRESENTACIÓN



LA TORTUGA QUE QUERÍA DORMIR 


EL PEDO MÁS GRANDE DEL MUNDO


LEOTECA ESTÁ NA CASA!


Boas a todos/as!
Son Leoteca! Xa levo unha semana sin ver nenos e nenas pola miña casa, pero estou segura de que prono volveredes e estaremos xuntos/as de novo no cole e na biblio!
Mentres tanto xa sabedes... vós quedade na voa casiña tamén !
Se que estes días son un pouco raros , pero sabedes que? Podedes aproveitar esta oportunidade para facer cousas fantásticas! Encantaríame que inventarades moitas historias sobre o que queirades, que leades moitos contos, que escoitedes música, que os portedes ben coa vosas familias e que lles fagades caso eh? Que eu o vexo todo! A partir de hoxe vou a ir poñendo aquí contos que son moi interesantes, e algunha contacontos xa a coñecedes! Estade moi atentos e atentas ao blog!
E non vos esquezades de ler a seguinte entrada na que explico como facer uns acuarios fantásticos!

Aquí vos deixo tamén un aviso de Carpiño e as 10 curtas das que nos fala!






21 de mar. de 2020

MANUALIDADES AMAR O MAR

O binomio fantástico é unha proposta do lingüista italiano Gianni Rodari e consiste no conxunto de dous elementos diferentes que teremos que relacionar para crear una composición conxunta. Aproveitando que estamos traballando o mundo do mar e continuando cos obradoiros que estivemos facendo na escola con artista visual Pablo Otero, dende a Leoteca queremos propoñervos que elaboredes os vosos propios binomios fantásticos con materiais que teñades pola casa (refugallo, cousas que non utilicedes, etc.) para crear novas especies mariñas que viven nun novo océano imaxinario. Non deixedes de poñerlle un nome e contarnos cousiñas da súa vida diaria, onde vive, que come e demáis anécdotas que pensades que son interesantes para coñecer mellor esta especie do mar descoñecida ata o momento. Enviade  as fotografías destas creacións o correo do colexio, estaremos encantadas e encantados de compartilas co resto da comunidade educativa polo blog. Aquí  tedes algúns exemplos.





Día da poesía

Subiremos esas poesías que recitaron os nenos de infantil, recitaremos as poesías que estaban a facer os maiores. Farémolo porque o día da poesía pósponse pero as voces dos nosos pequenos recitando sempre estarán aí. O alumnado de primaria acaba de recordar o día de Rosalía de Rosalía de Castro. 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

11 de mar. de 2020

HOXE LENOS!

Hoxe contamos coa participación de dúas alumnas de 4º EP que lles contaron un conto ao alumnado de 1º , 2º e o resto de 4º EP. O conto foi "El pulpo mascota"; é un conto moi divertido!. Aos nenos/as encantoulles. Moitas grazas a estas compañeiras polo seu esforzo, colaboración e ilusión !





NAIS E PAIS DE CONTO

A semana pasada tivemos a visita dunha ex-alumna, Aroa, e a súa nai , Mónica, que contaron unha historia inventada por elas sobre a nosa zona do noso colexio  ao alumnado de 5º e 6º de EP. É moi interesante poder escoitar algunhas cousas que son certas sobre como era antes o cole e o lugan onde se atopa. Moitas grazas a Mónica e Arora pola vosa historia!!


HOXE LENOS !



A semana pasada tres alumnas de sexto de EP, Laura, Noa e Sarai,  interpretaron un conto para os seus compañeiros/as de Educación Infantil. Prepararon unha dramatización moi boa do conto coeducativo "Daniela pirata". Moitas gracias a estas compañeiras por traballar tan ben e poñerlle tanta ilusión a este conto que tantos valores ten e que nos demostra que cada persoa pode ser o que soñe e o  que se propoña se hai o esforzo !









2 de mar. de 2020

Intercambio colexios Coristanco.

 O alumnado dos colexios de Agualada, Ceip Xosé Pichel e o noso fixeron un intercambio deportivo.  Nesa convivencia tamén desfrutaron da nosa biblioteca: papiroflexia, lectura, realidade aumentada, impresión 3D, nós mariñeiros ... foron moitas das actividades das que desfrutaron.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...