21 de mar. de 2020

Día da poesía

Subiremos esas poesías que recitaron os nenos de infantil, recitaremos as poesías que estaban a facer os maiores. Farémolo porque o día da poesía pósponse pero as voces dos nosos pequenos recitando sempre estarán aí. O alumnado de primaria acaba de recordar o día de Rosalía de Rosalía de Castro. 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...