05/10/2015

Ledicia Costas premio Nacional Literatura Infantil e Xuvenil


Unha autora galega, Ledicia Costas, vén de ser nomeada premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil neste ano 2015, grazas a súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta", que ademais está escrita en galego.
Parabéns Ledicia!

A través deste libro a autora afronta a morte, desmitificándoa e botándolle unha gran dose de humor, ademais de ser unha historia moi fácil de ler. Destacamos tamén ao ilustrador Victor Rivas que cos seus debuxos introdúcenos no mundo de Escarlatina.
O curso pasado os nenos/as de 5º e 6º leron este libro e no mes de abril visitou o centro a súa autora, no que xa nos adiantaba que estaba a traballar nunha nova historia de Escarlatina. Estamos desexando lela!

Se queredes recuperar aquela entrada, picando na imaxe do inicio vos dirixirá a ela.

Lestes este libro? Que opinión tedes?

Se aínda non o listes, na biblioteca témolo dispoñible na sección de lectores/as expertos. Estade atentos á apertura para poder levalo emprestado. Picando na portada do libro obteredes o rexistro. 
Podedes felicitar á autora a través dos comentarios e trataremos que lle cheguen. Animádesvos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...