23 de nov. de 2016

Contos en familia

A biblioteca acolleu, dentro da actividade de "Hoxe lenos", aos nenos/as de 1º de E.P. representando unha adaptación de "Xela volveuse vampira", unha obra que resultou finalista na edición deste ano do concurso escolar Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Os nenos/as de 2º e 3º de Educación Primaria escoitaron e desfrutaron desta aclamada obra.

 Por outra parte, o mércores acudiu ao centro a nai de Aroa (5ºE.P.) e Paula (2ºE.P.) para colaborar na actividade "Nais e pais de conto", na que representou xunto as súas fillas a obra "Paula y la oscuridad". Os nenos/as de Educación Infantil gozaron desta representación realizada en familia.
Moitas grazas a todos os que estades a colaborar nestas iniciativas, lembramos que xa tedes á vosa disposición o horario para participar nos próximos meses de xaneiro e febreiro. Esperamos impacientes as vosas achegas!
Como sempre tedes os comentarios para darnos as vosas opinións e suxestións.
Deixámosvos cunhas imaxes destas xornadas e cun vídeo da actuación dos nenos/as de 1º. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...