Para obter o adhesivo 4 deberedes responder as seguintes preguntas, para o que teredes que ver o avance da película "A viaxe de Arlo" dirixida por Peter Sohn e producida por Pixar. Nesta produción exponse que pasaría se o presunto asteroide que chocou contra a Terra e que acabou cos dinosauros, esquivase o planeta, cambiando a vida que coñecemos actualmente. A historia narra a vida desde o nacemento dun Apatosauro chamado Arlo.
Este é o avance que tedes que ver:
Como xa sabedes o ser humano no coincidíu no tempo cos dinosauros e, segundo unha das teorías da extinción, un meteorito chocou coa Terra, pero neste avance hai un erro e vós tedes que atopalo, aplicando todo o aprendido durante o curso. Como pista facémosvos unha recomendación, que lembredes a exposición que fixo o alumnado de 3ºE.P. no seu corredor.
Ademais a continuación teredes que procurar atopar a información relativa a cando apareceu o homo sapiens.
Polo tanto, estas son as preguntas:
1. Que erro atopas neste avance da película "A viaxe de Arlo"?
2. Hai canto que apareceu o homo sapiens?
Lembrade que podedes solicitar algunha pista a través dos comentarios do blogue.
Sorte a todos/as!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.