Nova etapa do "pasaporte DinosauRus". Se respondedes ás seguintes preguntas conseguiredes o adhesivo 3 do voso carnet e, se conseguistes os anteriores, xa teredes a metade do voso carné de paleontólogo/a acadado.
Para poder responder á primeira pregunta consultaredes os libros que están na sección 0, que corresponde ás enciclopedias e ós dicionarios.
1. Que significa a palabra "dinosauro"?
A continuación consultaredes no tomo 7 da Enciclopedia Galega Universal para poder responder a esta pregunta:
2. Unhas das teorías que explica a desaparición dos dinosauros é o impacto dun meteorito contra o noso planeta. Quenes descubriron o asteroide que impactou contra a Terra e provocou a extinción dos dinosauros?
Agardamos o voso carné para completalo coa terceira parte do crebacabezas. Aqueles/as que non conseguistes ningunha peza aínda estades a tempo de completar as anteriores preguntas no voso pasaporte.
A seguinte pregunta para conseguir o adhesivo número 4 sairá o próximo 11 de abril.
Que vos está parecendo este xogo? Gústavos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.