07/03/2016

Carné paleontólogo DinosauRus

Esta é a segunda pregunta que teredes que responder no pasaporte DinosauRus para obter o adhesivo nº2.
O libro que hai que localizar ten esta signatura:
59
JEF
est

Tras atopar o libro consultaredes o GLOSARIO e no pasaporte responderedes esta pregunta:

1. Que significa a palabra paleontólogo?

A continuación, no INDEX localizaredes a palabra "thagomizer"; nalgunha das páxinas que vos indica explica a resposta á seguinte pregunta:

2. Para que cren os paleontólogos/as que puido utilizarse o thagomizer do estegosaurio?

Polo tanto, no pasaporte tedes que escribir o seguinte no cadro 2:

Enunciado: Escribides a pregunta 1 e a pregunta 2.
Fonte: Autor e título do libro coa seguinte signatura 59/JEF/est
Resposta:
1. ___________________________________________.
2. ___________________________________________.

Se completades correctamente o pasaporte entregarémosvos o adhesivo número 2.
A pregunta 3 sairá o 28 de marzo.
Xa vos queda menos para ser paleontólogos/as. Ánimo! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...