Hoxe rematamos a Semana da poesía no CEIP Canosa-Rus coa lectura encadeada por parte do alumnado do centro.
Os nenos/as recitaron, aproveitando que este ano é o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas, poemas de Manuel María dalgún dos libros que temos na biblioteca, como "Os soños na gaiola" e "Manuel María. Vida, versos e rebeldía". Durante todo o recreo os alumnos/as de distintos cursos e algunha nai lanzaron os versos ao aire a través do sistema de megafonía do centro.
Viva a poesía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.