Hoxe os nenos/as de 4º E.P. visitaron o CPI Alcalde Xosé Pichel para participar nun encontro deportivo cos alumnos/as deste centro. Aproveitando a visita quixemos que ambas bibliotecas compartisen experiencias. Recibiunos a coordinadora da biblioteca e o equipo directivo, que xunto cos nenos/as, ensináronnos o lugar no que gozan coa lectura. Coñecimos o motivo polo que se chama Biblioteca Escolar "Asunción Antelo" e ás súas mascotas "Punto" e "Coma".
A continuación os alumnos/as do CEIP Canosa-Rus cantaron unha canción de Uxía, adicada a Rosalía de Catro do libro Rosalía Pequeniña, titulada "Alborada"; tamén contaron uns cantos contos e adiviñas. Logo foi a quenda dos nenos/as do CPI Alcalde Xosé Pichel que representaron a historia do libro "A bruxa discordia. Cancións para a paz", logo contaron uns contos e adiviñas, para finalizar unhas alumnas de 5º E.P. rapearon o poema de Rosalía de Castro "Vente rapaza".
Nesta xornada de convivencia os nenos/as de centros tan próximos puideron coñecerse, ademais de saber o funcionamento doutras bibliotecas próximas e compartir o seu pracer pola lectura. Xa estamos preparando a devolución da visita para o próximo mes de maio, materémosvos informados!
Algún de vós quere comentarnos que foi o que máis lle gustou?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.