2 de maio de 2016

Só faltan dous adhesivos!

Achégase a entrega dos carnés de paelontólogos/as para os que teñan todos os adhesivos. Nesta ocasión podedes obter o número 5, que é o penúltimo.

Como ben sabedes, o home non coincidiu cos dinosauros, xa que desapareceran moito antes, pero

1. Hai canto tempo que se puxo en pé o primeiro ser humano?

2. En que continente actual ocorreu?

3. No Próximo Oriente, hai uns cinco mil anos, descubriuse a escritura, que comeza nese momento?

Lembrade que podedes procurar a información en diferentes fontes, sempre que as citedes, nós aconsellámosvos o seguinte libro que temos na biblioteca, que atoparedes na sección de historia (9), con esta signatura:

93
PRA
dia

O próximo 18 de maio sairán as últimas preguntas para obter o adhesivo 6 co que xa completaredes o carné de paleontólogo. De todos os xeitos, a posibilidade de obtelo plastificado e selado quedará aberta ata o 31 de maio, data na que pecharemos este xogo.
Esperámosvos na biblioteca!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...