O próximo venres 3 de xuño inauguramos o museo DinosauRus, coa exposición "Unha viaxe ao pasado". As familias que nos confirmaron asistencia están organizadas en cinco grupos, que terán horario de saída diferente, polo que rogamos puntualidade. Tamén lembramos que no patio cuberto o alumnado de 6º E.P. montará unha feira de artesanía na que venderán produtos realizados polos nenos/as de 5º e 6º E.P. para recadar fondos para a viaxe de fin de curso.
Os grupos e horarios serán os seguintes:
Saída 10h. - GRUPO 1: familias que confirmaron a súa asistencia nas aulas de 3 e 4 anos (4º e 5º E.I.)
Saída 10h. - GRUPO 1: familias que confirmaron a súa asistencia nas aulas de 3 e 4 anos (4º e 5º E.I.)
Saída 10:15h. - GRUPO 2: familias que confirmaron a súa asistencia na aula de 5 anos (6º E.I.)
Saída 10:30h. - GRUPO 3: familias que confirmaron a súa asistencia nas aulas de 1º e 2º E.P.
Saída 10:45h. - GRUPO 4: familias que confirmaron a súa asistencia nas aulas de 3º e 4º E.P.
Saída 11h. - GRUPO 5: familias que confirmaron a súa asistencia nas aulas de 5º e 6º E.P.
Durante todo o curso os vosos fillos/as estiveron investigando e aprendendo sobre diferentes aspectos relacionado cos dinosauros. No percorrido presenciaredes o seu traballo e as explicacións que teñen preparadas.

Para aquelas familias que non poidan acudir ofrecemos a posibilidade de seguir a visita por streaming a través desta entrada no blogue “Leoteca en Rus”, que estará activa a partires do próximo xoves (desculpade os posibles cortes e a calidade da imaxe).
Durante o percorrido poderase ampliar a información con vídeos que gravaron os nenos/as, utilizando teléfonos intelixentes ou tabletas e coa aplicación gratuíta Aurasma (válida para IOS e android). Seguindo ao usuario “Leoteca” accederedes a esta información sinalizada durante o traxecto.
Lembramos a utilización responsable dos dispositivos, recomendando que non se graven vídeos e imaxes durante a visita, sendo responsabilidade exclusiva do autor/a a utilización dos mesmos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.