Onte tivemos a visita dunha contacontos moi especial, xa que narrounos aventuras relacionadas con distintos temas: desde a igualdade de xénero e fomento da propia autoestima coma o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Manuel María. Tamén fixo xogos con música, foron dúas sesións moi divertidas!
Un dos contos que lles encantou aos nenos/as foi " Orellas de bolboreta" da autora Luisa Aguilar, ilustración André Neves ,Editorial Kalandraka, no que se traballa a imaxinación, espontaneidade e a autoestima.
Esta contacontos foi cortesía do concello de Coristanco polo que desde Leoteca gustaríanos agradecerlles esta iniciativa de enviar contacontos ou outros espectáculos ás bibliotecas dos centros educativos do concello. Moitas grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.