Esta semana retomamos a programación de "Nais e pais de conto" coa historia que nos contaron a nai e o pai de Cristina (6º E.I.) e Ana (5º E.P.) titulada "O libro dos porcos" de Anthony Browne da editorial Kalandraka. O álbum conta os malos hábitos da familia, ata que a señora Porcón, farta de tanta esixencia, decide marchar da casa.
Cunha ambientación e unha narración excepcional Ana, Cristina e os seus pais, cos decorados creados por eles e a través da técnica do Kamishibai, fixéronnos entrar na historia e concienciarnos da importancia de compartir as tarefas do hogar.
Este libro está na biblioteca e podedes levalo prestado para lelo e compartilo coa vosa familia. Esta é a ficha para que poidades atopalo facilmente.
Aproveitamos a ocasión para anunciarvos que xa está actualizado o calendario de contacontos de "Nais e pais de conto", está na columna da dereita. En breve actualizaremos o de "Hoxe lenos..."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.