Este foi o título que escolleron para a conmemoración deste ano do Día Escolar da Non Violencia e a Paz os nenos/as de 1º E.P., que culminaba a semana da paz na que o alumnado dos diferentes cursos do centro creou de xeito colaborativo o seu propio "Guernica". Seguindo o modelo facilitado na páxina web Actiludis, cada clase coloreou diferentes partes da obra con ceras brandas de cor negro, branco e gris.
Ao mesmo tempo, toda a comunidade educativa colaborou realizando grúas de papel, recuperando a antiga lenda xaponesa "Senbazuru" na que coa elaboración destas mil grúas concerase un desexo, e que contextualizamos a través do libro e da curtametraxe "Sadako y las mil grullas de papel". Aínda que non chegamos ás mil, a implicación de nenos/as e familias foi tan grande que talvez cheguen para cumprir o noso devezo de paz.
Hoxe despois do recreo reuniuse todo o alumnado e profesorado no patio de entrada para colocar tanto o "Guernica", como o cartel co lema da actividade nunha das paredes de entrada ao centro. As grúas fóronse pendurando durante a semana anterior ao redor do lugar onde iría situada a obra. Queremos agradecer a colaboración das nais coidadoras do comedor escolar pola axuda que facilitaron ao profesorado na colocación das obras de papiroflexia.
Houbo lecturas por parte do alumnado de 5º de E.P. e todos os alumnos/as cantaron no ximnasio unha canción adicada á paz, que traballaron na aula de Educación Musical durante semanas pasadas.
Nesta presentación tedes algunhas imaxes da xornada, proximamente publicaremos tamén como elaboraron os nenos/as o "Guernica" na biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.