Nesta semana (e pico) tiñades que procurar unha información nun libro da exposición e logo trasladala nun comentario, citando a fonte da que obtiverades estes datos.
Ten moita importancia citar as fontes das que se extraen imaxes, texto ou outro tipo de información. Debemos ser éticos e responsables, polo tanto recoñecer o labor e o traballo do autor/a. Nesta semana aprendistes a citar un libro ou monografía: primeiro citaredes o autor/a, a continuación o título da obra, seguidamente a editorial e o lugar no que se editou e, por último, o ano desta edición.
Agora imos coa solución e a clasificación desta semana e a xeral.
O que debiades mencionar era o texto resaltado en negro
O arqueopterix
O nome deste dinosauro significa "á antiga", viviu nos bosques de Alemaña. Comía insectos e animais pequenos. Parécese a un paxaro ou unha pomba.
Fonte:
Fonte:
- HAWCOCK, D. ¡Dinosaurios!. Ed. Combel. 2015.
Esta semana as clasificacións quedan así:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.