Vía Bibliotecas Escolares de Galicia |
Durante o mes de novembro celébrase o "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas". Acompañamos a entrada cunha imaxe utilizada pola Xunta de Galicia para promocionar esta celebración durante o mes.
Querémonos sumar a esta iniciativa difundindo tanto o manifiesto elaborado polo científico Jorge Mira e o triptico coa programación de diferentes actividades que se desenvolverán en distintas bibliotecas galegas durante este mes.
Ao mesmo tempo xa está preparada a exposición con fondos relacionados co ámbito científico, tanto de ficción como de consulta, nos andeis da biblioteca do centro. Ademais o próximo mércores 18 acudirá ao centro "O mago Paco", en colaboración co concello de Coristanco, que ofrecerá unha actuación titulada "Maxia vs Ciencia", na que os nenos/as poderán disfrutar dun espectáculo no que: "coa axuda dun científico estranxeiro descubrirán as razóns de distintos aspectos da ciencia, como as cores, matemáticas, astronomía,..."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.