26 de nov. de 2015

Mes da ciencia en galego: "Maxia vs Ciencia"

O pasado mércores 18 de novembro celebramos o mes da ciencia en galego cunha actuación na que se propoñía un enfrontamento entre "Maxia e ciencia", grazas á colaboración do Concello de Coristanco. Nesta actuación un científico "estranxeiro", un pouco tolo, enlazou algunha cuestión científica, relativa as cores, as matemáticas, o son, a astronomía e os efectos ópticos, coa maxia. Os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º participaron activamente nas actividades que se propuxeron e disfrutaron dunha xornada máxica.

A continuación presentámosvos algunha imaxe da xornada:



Pola mañá visitou o centro o mago Paco xunto coa súa "maleta viaxeira", e encandilou ao alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de E.P. coas historias que xurdían dos libros e que portaba a súa maleta. Tamén desfrutaron da maxia dos libros e da súa imaxinación.
Nestas imaxes veredes como o pasaron:

 

Gustouvos? Agardamos a vosa opinión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...