7 de maio de 2019

Visita en Leoteca dos servizos de emerxencia

Hoxe tivemos unha visita en Leoteca para o alumnado de 4º de EI a 4º de EP. Viñeron os servizos de emerxencia: un bombeiro de A Coruña e un axente de Protección Civil de Coristanco. Explicáronnos en que consiste o traballo dos bombeiros , como actuar en caso dunha emerxencia e en concreto como actuar en caso de que haxa un incendio no cole. Practicamos o recorrido de evacuación dende as aulas e puideron ver parte do material que se utiliza nos incendios. Aquí podedes ver algunhas imaxes. Grazas pola vosa colaboración!


1 comentario:

  1. Ole ole y ole,aprender desde pequenos a loita contra o lume, e como escapar do fume.

    ResponderEliminar

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...