Leoteca deixounos unha carta a cada clase o pasado venres para invitarnos a celebrar o día da Paz e non violencia dun xeito moi especial: xogando coa diversidade e tamén investigando sobre persoas que gañaron o Premio Nobel da Paz en diferentes campos. Estade moi atent@s a todas as cousiñas que iremos facendo esta semana.Iremos colgando fotos e vídeos das diferentes actividades.
Aquí podedes ler o que dicía Leoteca na carta.
Ola nenas e nenos!
Son Leoteca! Estou aquí para contarvos unha cousa moi importante, sabedes que día se celebra a próxima semana?
Pois o día 30 de xaneiro celébrase o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A DA NON VIOLENCIA. Xa me enterei que estades a facer unhas mazás moi especiais para poñer na árbore da paz, que divertido!
A min tamén me gustaría propoñervos unhas actividades moi chulas para realizar no recuncho "Feito con xeito"durante un recreo da próxima semana. Tedes que estar moi atentos ao calendario que vos deixo para saber que día vos toca e fixarvos ben na porta da biblio xa que alí están postas as actividades. Durante a próxima semana na biblio soamente poderedes levar e devolver libros, pero non haberá nin recunchos nin ordenadores.
Espero que disfrutedes moito coas miñas sorpresas!
Unha forte aperta!
LEOTECA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.