13 de feb. de 2017

Sexamos espectadores críticos!

Vía @xavier_torrens
Cando vemos unha película, curtametraxe ou calquera outra obra audiovisual... sabemos lelas, comprendemos as mensaxes que subxacen delas?
Que pensades sobre esta imaxe?
Na sociedade actual, cada vez máis influída polos medios de comunicación, as novas tecnoloxías e as redes sociais, consideramos prioritario que profesorado e alumnado sexan capaces de "ler e escribir" mensaxes audiovisuais. A través da guía que presentamos a continuación pretendemos desenvolver unha mirada crítica, que procure unha análise crítica dos produtos audiovisuais que diariamente consumimos. Tamén queremos axudar ao alumnado a desenvolver e valorar as tarefas dos críticos de cine e do xurado nos festivais de cine.



Esta é a imaxe que completa á do principio da entrada. Transmiten o mesmo ás dúas imaxes ou esta última fíxovos cambiar a perspectiva?

Vía @xavier_torrens

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...