24/02/2017

Semana das profesións

Licenza CC DP
O mércores 8 de marzo, día da Muller traballadora, acudirá ao centro Tita F. Echevarría, maquilladora e perruqueira en medios audiovisuais. Continuamos deste xeito coa semana das profesións relacionadas co cine.

Comprobaremos que ademais dos actores/actrices que aparecen na pantalla tamén existen outras profesións necesarias para que a obra poida realizarse. Explicará o seu labor de caracterización dos personaxes, a súa relación tanto cos elementos do cine como o guión, como con outros profesionais da gravación (directoras/es, actrices/actores, entre outras.)
O próximo 8 de marzo poderedes realizar as vosas preguntas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...