10 de feb. de 2017

Moving on

Este venres traemos un vídeo musical do ano 2014 realizado coa técnica stop motion polo polifacético Ainslie Henderson, gañador do premio BAFTA á mellor curta de animación no ano 2013 por The making of longbird, que serviu de vídeo musical para a banda británica James.
Os vídeos musicais tamén nos contan pequenas historias e nesta creación o guionista, a través da montaxe do stop motion con fíos de la, aborda o tema da vida e a morte dun xeito delicado e conmovedor. Pero as conclusións debédelas sacar vós, que vos suxire este vídeo? Animámosvos a deixar a vosa opinión no blogue e a debater en clase sobre elo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...