22 de feb. de 2017

Olloboi por dentro

Vía Olloboi Licenza CC
O próximo venres 3 de marzo ás 12h. realizaremos unha videoconferencia con Óscar Núñez Aguado, membro do equipo que organiza o Festival Olloboi, na que nos explicará os pasos necesarios para a creación dos equipos e as tarefas que deberá desenvolver cada grupo para acadar o noso produto final: un Festival de cine.
A experiencia de Óscar na organización de Olloboi serviranos como guía para a elaboración das bases, categorías, recompilación do material, a crítica e o labor de xurado, así como pingas do que debe ser a organización da gala final.
Podedes preparar as vosas preguntas na clase para trasladalas o próximo venres ao noso convidado. Seguro que xurden moitas inquedanzas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...