20 de feb. de 2017

Queremos saber!

No panel da audioteca apareceron unhas imaxes cos retratos de varias personaxes relacionadas co mundo da música, pero tamén co cine. Queriamos saber por que apareceron alí, ademais de coñecer quen son eses músicos e actores.

Axúdadesnos a obter esta información? Só tedes que pasarvos pola audioteca e tratar de procurar información na biblioteca ou en recursos en internet, seguro que Miguel, o mestre de Educación Musical, vos pode axudar.
Seguide esta pista: "Todo o mundo necesita alguén"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...