No recreo de hoxe na biblioteca proxectarase a curtametraxe de 2005 "Wei xiao der yu (A Fish with a Smile)" do director taiwanés , a música está composta por Chien-Ci Chen. Atopámonos novamente coa íntima relación entre o cine e a literatura, xa que a historia está baseada no libro de Jimmy Liao "El pez que sonreía". Esta curta foi premiada no Festival Internacional de cine de Berlín.
A película narra a tenra historia dun home solitario que atopa compaña nun peixe co que establece unha relación de amizade. A través dun soño comprenderá a importancia da liberdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.