17 de mar. de 2017

A maior flor do mundo

No recreo de hoxe achegamos a curta "A flor máis grande do mundo" dirixida por Juan Pablo Etcheverry con música de Emilio Aragón. Está baseada na obra de José Saramago "A maior flor do mundo".
Nárranos a historia dun neno que, explorando o seu entorno, atopa unha flor a piques de morrer pola falta de auga...
A través da viaxe do neno descubrimos a relevancia da tala de árbores na vida na Terra, o valor do esforzo e a xenerosidade.
José Saramago participa como narrador e trasládanos un reto, que escribamos esta historia de novo.


Vós atrevédesvos a escribir esta historia?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...