Hoxe comezou a celebración da "Semana da poesía" na que se desenvolveran distintas actividades para conmemorar esta data tan significativa no calendario da nosa biblioteca, como é o 21 de marzo Día Mundial da Poesía promovido pola UNESCO.
O alumnado está preparando pareados relacionados co ámbito do cine que posteriormente escribirá nunha das follas que terán a súa disposición durante os recreos na biblioteca. Esta folla de cor branco por un lado e laranxa polo outro deberán dobrala ata formar un cadrado que conterá a súa obra poética. Os alumnos/as do E.A.L encargaranse de axudarvos a realizar esta tarefa de papiroflexia. Estas follas fomarán parte da pantalla dixital, a modo de pixel, que montaremos nunha das paredes da biblioteca e na que poderemos ler distintas mensaxes, ademais das poesías dos nenos/as.
Os poemas gravaranse coas voces dos seus autores/as para ser emitidos durante a hora de ler da semana que vén.
Nas dúas entradas da biblioteca tedes a exposición de libros de poesía con distintas obras salientables dentro do noso catálogo. Ao mesmo tempo publicamos a guía de recomendacións da "Semana da poesía".
Durante esta semana nas entradas e saídas de clase soarán poesías recitadas ou cancións presentes en películas. Propoñémosvos un xogo, que adiviñedes en que películas aparecen estas sintonías de entrada e saída, se queredes pistas só tedes que solicitalas a través dun comentario.
Anímaste a amar a poesía?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.