A semana pasada os alumnos/as de 4º de EI coa axuda da súa profe Nelly, representaron para algúns compañeiros/as o conto " A que sabe a lúa?"de Michael Gregniec.
" Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela... Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: ''Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela'', díxolle ao elefante......." (www.casadellibro.com)
Os nenos /as de 3 anos o fixeron moi,moi ben e queremos darlles as gracias pola súa colaboración e as súas ganas e porque gracias a eles/as agora xa sabemos a que sabe a lúa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.