Durante esta semana están expostas distintas obras que teñen ás mulleres como protagonistas nas dúas entradas da biblioteca con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Acompañamos esta entrada cunha Guía de lectura para esta semana.
Seguindo coa semana das profesións no cine mañá visitaranos a estilista no ámbito audiovisual Tita F. Echevarría.
O Día Internacional da Muller trátase dunha iniciativa para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres na sociedade. Nestas lecturas recomendadas as protagonistas son ELAS, sodes vós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.