O pasado martes mantivemos unha conversa co alumnado do CEIP Serra-Vincios (Gondomar) no que puidemos observar o moito que saben, a cantidade de traballo e ideas que hai nos centros públicos galegos.
Os nenos/as de 4ºE.P. e 5ºE.I. do centro pontevedrés ensináronnos os materiais e actividades que deseñaron ao longo do curso e aos que podedes acceder desde este enlace.
Os nenos/as de 5ºE.I. e 1ºE.P. do noso centro compartiron os taboleiros e actividades que realizaron durante o presente curso.
Agradecemos a Ana e Irene as facilidades que nos deron para manter esta videoconferencia. Tamén queremos darlles a noraboa tanto aos rapaces como ao profesorado, porque o seu traballo parécenos magnífico e merece ser coñecido polo resto da comunidade educativa. Grazas por compartir!
Este é o vídeo da xornada, agardamos que desfrutedes tanto como o fixemos nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.