Tes bo ollo! é unha actividade que comeza neste trimestre, que consistirá na recomendación de libros por parte de alumnos/as do centro. Teredes que buscar os ollos que vos observan e que agardan ser lidos!
Os primeiros que quixeron compartir algunhas das súas lecturas favoritas foron estes nenos/as de 6º de E.P. Primeiro escribiron a reseña no seu caderno, a continuación familiarizáronse co proceso de gravación do vídeo, posteriormente rodaron a súa videorecomendación e finalizaron enlazando o marcador ao vídeo utilizando a aplicación Aurasma.
Se queredes ver o vídeo podedes facelo a través deste blogue, do canal Youtube do colexio ou utilizando os dispositivos móbiles da biblioteca e escaneando os "ollos" que están observándovos desde os libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.