2 de dec. de 2016

Venres afumados!

"Un vendedor ambulante chega ao pobo ofrecendo unha extraordinaria mercancia..." Este será o comezo da curta desta semana producida por Primer Frame Escuela de Animación finalista na 27 edición dos premios Goya na categoría de Mellor curtametraxe de animación.

Esta produción española fainos reflexionar sobre o consumismo, a cobiza e outros aspectos presentes na nosa sociedade. A elaboración desta curta foi financiada coas taxas de matrícula do alumnado de Primerframe.com e foi o proxecto fin de máster. Participaron un total de 27 persoas dirixidas por Jaime Maestro.



Anímate e deixa a túa opinión nun comentario?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...