Durante o luns e o martes os nenos/as de 5º E.P. estiveron dirixindo e ensinando aos nenos/as dos cursos de 3º-4º-5º-6º que quixeron aprender a realizar unha man robótica nos recreos de ambos días.
O obradoiro desenvolveuse na zona "Faino ti mesmo" e na contorna. Tivo unha grande acollida, xa que debido á limitación do espazo quedaron algúns nenos/as que non puideron construír a súa man, por este motivo, e se o alumnado de 5º de E.P. se ofrece, á volta das vacacións retomaremos esta iniciativa.
Queres deixarnos a túa opinión? Queres presentarnos algunha iniciativa para desenvolver algún obradorio na biblioteca?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.