01/12/2016

DinosauRus premiado!!

Hoxe vén de facerse pública a resolución do III Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou coa participación da biblioteca escolar, na que o PDI DinosauRus, que se desenvolveu durante o pasado curso 2015/2016 no centro, resultou premiado na categoría de Proxectos coordinados desde a biblioteca na temática científica. A información tamén pode consultarse no blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia. Aproveitamos para agradecer o traballo que se desempeña desde o Equipo de Asesoría de Bibliotecas Escolares por difundir e dar a coñecer o labor que se desenvolve desde as Bibliotecas Escolares galegas, e en particular polas situadas no rural.
Queremos felicitar tanto aos outros centros premiados, como a toda comunidade educativa que participou no desenvolvemento da investigación sobre os dinosauros, en especial a todo o alumnado pola gran implicación nas diferentes tarefas desenvolvidas ao longo do curso e durante a inauguración do Museo coa exposición "Unha viaxe ao pasado". Neste vídeo están algúns dos momentos de DinosauRus.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...