O pasado venres todos os grupos do centro, agás 4º de Educación Infantil, visitamos diferentes espazos adicados ao cine na Coruña dentro da programación do PDI De espectadores a protagonistas, no que aprenderemos sobre distintos aspectos relacionados co cine.
No mes de novembro investigamos sobre a tecnoloxía nas diferentes épocas do cine, coincidindo coa celebración de Novembro mes da ciencia en galego. Por este motivo consideramos interesante visitar a expsoición da Obra Social La Caixa titulada "Empieza el espectáculo" e que está adicada aos comezos do cine a principios do século XX, en particular a George Méliès. Esta visita foi común a todos os grupos do centro.
A continuación os nenos/as de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria fixeron un percorrido guiado polos estudos de Voz Audiovisual, na que asistiron a unha gravación en directo, comprobaron o labor de diferentes profesións (maquilladores/as, carpinteiros, atrezzistas, modistas, actores/actrices...), viron os decorados montados, entre outros. Seguidamente foron ao IES de Imaxe e Son onde visitaron os espazos nos que aprenden os rapaces/zas a desenvolver a súa profesión no mundo audiovisual.
Os grupos de 2º a 6º de Educación Primaria foron ao CGAI (Centro Galego de artes da imaxe) no que recibiron unha explicación sobre o labor que alí se desenvolve, visitaron as súas instalacións, comprobaron como funciona un sistema de proxección e viron diferentes obras audiovisuais que se atopan no centro.
A continuación nesta presentación podedes lembrar a visita e contestar ás preguntas que aparecen.
Cal foi o lugar que máis che gustou?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.