9 de dec. de 2014

Rus entre planetas

Ola nenos/as, como xa saberedes comezamos o noso proxecto "Rus entre planetas". Para que podades investigar sobre todo o relacionado co espazo deixámosvos este cartel dixital no que podederes ir picando nas diferentes imaxes, que vos dirixirán a diferentes páxinas web con información, imaxes, vídeos e actividades para que aprendades sobre a temática e para que vos xurdan novas dúbidas que iremos tentando solucionar.
Para finalizar propoñémosvos que elaboredes o voso propio cartel sobre o que é para vós "Rus entre planetas", podedes facelo na aula cos vosos compañeiros/as e tamén individualmente, nos recreos, na biblioteca ou na vosa casa, as vosas familias poden axudarvos. Todas os vosos carteis publicaranse na web e neste blogue da biblioteca, ademais de expoñerse no Centro. O cartel pode ser en formato dixital, como os que vos presentamos, ou en cartolina. Os mellores de cada ciclo recibirán un agasallo desde a Biblioteca.
Animádesvos? Agardamos as vosas propostas.
Saúdos desde o espazo!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...