13/01/2015

Astronomía na biblioteca

Telescope by Rinotova
Openclipart Licenza DP
Ola nenos e nenas, da última viaxe que fixen polos confíns do Universo trouxen comigo a un amigo que é astrónomo, que se chama Pedro Pablo Campo. Actualmente traballa no Observatorio Astronómico Ramón María Aller, adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, e acudirá á nosa biblioteca o próximo mércores 14 de xaneiro para axudarnos a coñecer máis sobre o noso sistema solar e sobre a que se dedican os astrónomos/as, tamén poderedes facerlle preguntas sobre as dúbidas que vos xurdiron durante a investigación que estivemos realizando, e outras curiosidades que teñades sobre o tema.

Agardamos que esta visita sirva de impulso para continuar co proxecto e tamén para comezar a nosa exposición con material relacionado co espazo, podedes empezar a pensar e preguntar na casa se tedes algún obxecto, instrumento, fotografía, mapa,... que poidan servir para ilustrar a vosa investigación.
Agardamos que disfrutedes coa visita do meu amigo astrónomo, eu andarei por alí comprobando todo o que aprendedes.
Despídese de vós a bruxa Leoteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...