30/01/2015

Explorando o Universo

Ola nenos/as, como xa sabedes estiven viaxando polo Universo, e sigo facendo algunha pequena saída, e nestas viaxes coñecín innumerables planetas, satélites, constelacións,... pero tamén me deu tempo a ler moitos libros que pedín prestados na Leoteca. Por este motivo gustaríame presentarvos un xogo no que poden participar os nenos/as de Educación Primaria e que consistirá en que cada semana aparecerá neste blogue unha imaxe dun libro que está na nosa biblioteca e dúas preguntas referidas a dita imaxe. En realidade aparecerán dúas imaxes, unha para o 1º ciclo e outra para o 2º ciclo de E.P.
Para participar haberá que deixar un comentario na entrada onde apareza a imaxe, co teu nome, o curso no que estás e respondendo ás dúas preguntas. O alumnado do 1º ciclo poderá facelo por escrito e deixalo na caixa que haberá na biblioteca poñendo tamén a data na que o entrega. No caso de deixar varias respostas a válida será a última que se deixe.
Os tres primeiros/as en responder correctamente recibirán: 3 puntos o 1º; 2 puntos o 2º; 1 punto o 3º. A duración deste primeiro concurso será de dous meses: febreiro e marzo. Na última semana do mes de marzo farase o reconto de puntos e anunciaranse os 3 primeiros de 1º ciclo e os 3 primeiros do 2º e 3º ciclo. A estes nenos/as entregaránselles uns agasallos.
O próximo luns 2 de febreiro aparecerán as primeiras imaxes. Non vos esquezades de mirar o blogue por se aparecen novas pistas. Teredes que investigar na biblioteca e tamén se permite utilizar os seus ordenadores para poder completar o concurso, aínda que se o preferides tedes a opción de envialo desde a vosa casa e pedirlle axuda os vosos pais/nais. Para optar aos premios hai que participar todas as semanas.

2 comentarios:

  1. 3º PRIMARIA: Ola Leoteca! Esto é unha proba dos nenos e nenas de 3º de Educación Primaria para aprender a escribir no blogue. Que tal che vai a viaxe polo espazo? Estamos moi emocionados con este xogo! Un saúdo moi grande dos nen@s de 3º de Educación Primaria.

    ResponderEliminar
  2. Ola nenos/as de 3º! Sigo viaxando e aprendendo moito sobre o sistema solar e o espazo, espero que vós dende aí tamén o esteades a facer. Encántame que estedes tan ilusionados co xogo! Saúdos e sorte na vosa investigación. Vémonos pronto!

    ResponderEliminar

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...