21/11/2014

Temos un novo inquilino... Tom Gates

The Brilliant world of Tom Gates
by Vernon Barford school
Licenza CC BY-NC-SA
Ola rapaces/zas temos novidades na vosa biblioteca, que vos iremos desvelando ao longo destes meses, queremos comezar con esta personaxe chamada Tom Gates, que é un neno enxeñoso, máis ben traveso e con moita, moita imaxinación.

A autora Liz Pichon nos presenta as historias deste neno en forma de diario que acompaña cunhas ilustracións moi atractivas e que seguro que vos enganchan na lectura das súas obras, así descubriredes as aventuras de Tom e os seus amigos.
Poderedes atopar os seus libros na sección de lectores expertos, estanvos agardando, a que esperades!
Deixámosvos cun vídeo de presentación dos seus libros.





Autora: Liz Pichon.
Ilustradora: Liz Pichon.
Tradución: Daniel Cortés.
Editorial: Bruño.

Ata a próxima!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...