15/10/2014

ABRIMOS AS PORTAS DA NOSA LEOTECA!

A semana pasada sucederon cousas moi extrañas no cole. O luns apareceron nas nosas clases uns libros que tiñan relación co espazo e co noso Sistema Solar e tamén pasou correndo unha bruxiña boa, mirade! mirade!


Despois o cartel da entrada enviounos a seguinte mensaxe...


E o martes tivemos unha visita moi especial de... a neta de Leoteca!. Chámase Trastupita e trouxo á nosa biblioteca unha "Fábrica de contos" para todos os nenos/as do cole. Foi moi divertido e aprendimos moitas cousas con ela! Gracias Trastupita!
















E por fin o mércores 8 de outubro  abrimos as portas da nosa biblioteca escolar "Leoteca".
Este novo curso estará  cheo de novas  aventuras e emocións. Estade todos e todas moi atentos porque este ano teremos que mirar moita ao ceo, a lúa, as estrelas, ao sol... pouco a pouco iredes descubrindo moitas cousiñas. Ata a próxima amigos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...