
Os/as nenos/as foron os auténticos protagonistas deste día , mostraron a biblio, as súas funcións, fixéronlles algunha entrevista aos alí presentes, repartiron agasallos feitos coa impresora 3D con forma da nosa bruxa Leoteca e estiveron atentos/as de que todo saíra correctamente. Temos que felicitar ao noso alumnado pola súa labor e ilusión !
Tamén gustaríanos agradecer a asistencia e participación no acto das persoas convidadas.Debemos de dar tamén un agradecemento especial as nosas cociñeiras do centro pola súa dedicación na elaboración dos pinchos que se puxeron despois do acto.
Para poder ler as novas e ver os vídeos que publicaron os xornais podedes picar nas seguintes imaxes.
Proximamente colgaremos o vídeo do día neste blogue.
Neste enlace poderedes ver as entrevistas que fixeron os nenos/as ao Director Xeral de Recursos Humanos e ao Xefe Territorial.
Neste outro enlace poderedes ver a de 6º de EP mostrarlle á periodista a biblioteca de xeito espontáneo.
Montaxe de fotos da presentación as familias.
Video da actuación que realizou unha nena de 5º cantando " Adeus ríos , adeus fontes" de Rosalía de Castro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.