Ola nenos/as! O mércores visitounos Ledicia Costas, a autora galega que escribíu o libro Escarlatina a cociñeira defunta, que estiveron lendo os nenos/as do 3º ciclo, e que tiña como ilustrador a Víctor Rivas.
Durante este encontro contounos que xa desde pequena xurdiu o seu interés pola escritura, e aínda que estudou dereito non exerce como avogada, dedicase á literatura, e neste caso a literatura Infantil e Xuvenil.
O alumnado e o profesorado tivo oportunidade de preguntarlle diversas cuestións relacionadas coa súa obra, así desvelou que moitos dos sucesos e personaxes que aparecen nos seus libros están baseadas en diversos acontecementos que lle ocorreron durante a súa vida, e que lle serven de inspiración para a ficción.
Adiantounos que está traballando no seu próximo texto que será unha precuela de Escarlatina a cociñeira defunta.
Que che pareceu este encontro? Gustouche o libro?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.