24/04/2015

Así vivimos a semana na biblioteca...


Durante esta semana estivemos realizando diferentes actividades na biblioteca para celebrar que o 23 de abril celébrase o Día do libro. Deste xeito realizáronse cos diferentes cursos de Educación Primaria talleres de creación de marcapáxinas, os nenos e nenas de Educación Infantil tamén participaron. Nos recreos todo o alumnado puido deixar, no mural dos libros, as súas lecturas preferidas

Na xornada do xoves realizáronse lecturas de poemas, algúns creados polos propios alumnos/as e outros de diferentes autores. Tamén aproveitamos para entregar os premios do Concurso Intergaláctico que se desenvolveu durante os pasados meses.
Nesta presentación veredes algún dos momentos que se viviron ao longo desta semana.
Agardamos que vos guste!



Que actividade foi a que máis vos gustou?
Ata a próxima rapaces/zas!

2 comentarios:

  1. Valla este blog es alucinante nunca he visto uno mejor excepto los diminutos mais grandes pero este blog es alucinante.Jamas he visto uno tan chulo como este se lo recomiendo a todo el mundo

    ResponderEliminar
  2. Ola, grazas polo teu comentario. Agrádanos que che guste o blog. Saúdos.

    ResponderEliminar

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...