7 de abr. de 2015

Concurso interestelar. Semana 4: a solución.

Finalizou a 4ª semana do noso concurso, e con ela o concurso, nesta entrada atoparedes a solución ás tres preguntas que se facían. Ao final aparece a clasificación, lembrade que para poder optar aos premios tiñades que participar todas as semanas do concurso.
 As preguntas desta semana estaban relacionadas co libro "ASTRONOMÍA PARA NIÑOS. Un periplo astronómico"

1ª pregunta: Cal é a signatura do libro? Xa sabedes que para atopar un libro na biblioteca podemos utilizar a signatura que consiste en uns números, tres letras en maiúscula (que corresponden coas tres primeiras letras do apelido do autor) e tres letras en minúscula (que corresponden coas tres primeiras letras do título do libro). Neste caso o código é 52-COT-ast.
2ª pregunta: Que tipos de eclipses hai? Hai dous tipos de eclipses: solar e lunar. A eclipse solar prodúcese cando a Lúa sitúase entre o Sol e a Terra, a Lúa tapa ao Sol e nalgún lugar da Terra todo se volve escuro. A eclipse lunar ocorre cando a Terra sitúase entre o Sol e a Lúa, deste xeito a Terra da sombra á Lúa e esta parece que desaparece.
3ª pregunta: No libro fala destes fenómenos, nesas páxinas conta que unha eclipse pode custar a vida, por que? Conta unha historia que sucedeu despois dunha eclipse visible en China no ano 2.137 a.C., xa que os astrónomos Hi e Ho non puideron anuncialo a tempo para poder realizar os cultos correspondentes. Deste xeito os dous foron condenados a morte.

Tras revisar todos os comentarios da entrada durante este período darémoslle 4 puntos ao primeiro/a en responder, 3 ao segundo/a, 2 ao terceiro/a, 1 punto aos seguintes que contestaron correctamente e 0 puntos aos que non contestaron algunha das preguntas de xeito correcto. Lembrade que para poder optar aos tres premios tiñades que participar todas as semanas.
A clasificación esta semana queda do seguinte xeito:

 
Resultando premiados os tres primeiros neste período de 3 semanas de concurso, e que recibirán os premios xunto cos compañeiros/as da primeira quenda:

1º Alex P. (6º E.P.)

2º Dani B. (3º E.P.)

3º Martín (3º E.P.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...