O noso alumnado na radio...
Alumnos/as de 2º a 6º de educación primaria do CEIP Canosa-Rus participaron na XVII Concurso Escolar de Teatro lido "Xosé Manuel Eirís". Fixérono todos moi ben e estamos de noraboa xa que os nenos e nenas de 2º de EP " Teatrús" chegaron á final na súa categoría coa obra " Buscando superheroes".
Por esta participación o Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro, comprácese de convidarnos xunto a todas/os as/os nenas/os participantes, que este ano foron arredor de 275, ao acto da Final que terá lugar este domingo 5 de novembro ás 18.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.
Na final os grupos seleccionados volverán a interpretar os seus fragmentos teatrais e tras unha nova deliberación do xurado, realizarase a entrega de premios aos gañadores. A continuación terá lugar unha chocolatada para todos os participantes que ademais recibirán un diploma .
Moita sorte e lembrade que o importante é participar!
E tamén houbo unha carta en reivindicación por unha Galicia verde...
Aproveitando a visita á Radio Voz, os nenos e nenas de 2º A quixeron dar a súa opinión do tema dos incendios en Galicia a través dunha carta. Leron esta carta e foi emitida pola Radio e tamén foi publicada no xornal. Grazas a estes alumnos/as por unhas palabras tan sinceras e cheas de razón e sentimento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.